Thursday 02 de May de 2024

Semana Santa 2024


O tenente de alcalde Vicente Mariño e o concelleiro Fernando Abraldes presentaron hoxe a programación de Semana Santa xunto aos párrocos Don Alfonso Mera, don Sidonio e don Ndongo, Puri Cores da Asociación Amas de Casa, e Carmen Pena da Asociación Alfaia.
“A Semana Santa son días de un marcado carácter relixioso nos cales imos a celebrar os oficios e as tradicionais procesións, como a tradicional procesión do Paso que conta coa participación coas asociacións que hoxe nos acompañan” explicou o tenente de alcalde Vicente Mariño. “Deste xeito tódolos fieis e devotos poderán participar dedicadas a conmemorar a pasión, morte e resurreción de Jesucristo.”

O párroco don Alfonso destacou pola súa parte a labor de voluntariado que axuda nas celebracións nas distintas parroquias para que todo o mundo poida desfrutar e participar delas.

A celebración comeza co Domingo de Ramos que se celebrará no adro da Igrexa se o tempo acompaña. O xoves celébrase a Santa cea e e a procesión do Paso que comeza as 9 da noite. O venres Santo celébrase a paixón de Jesucristo co Sermón do Encontro ás 11:00 da mañan e pola tarde o Sermón das Sete palabras, o Desencravo e a procesión do Santo Enterro ás 9 da noite, culminando coa celebración da Vixilia Pascual que comeza as 10 da noite do sábado.